Monday 29 de April de 2024

O Concello de Ribeira participa no II Foro Urbano de España


O concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Suárez-Puerta, e o responsable da Axenda Urbana do Concello, Jorge González; viaxaron ata Granada para participar no II Foro Urbano de España, espazo sobre desenvolvemento urbano sostible.

Nesta edición o programa do encontro xira arredor da implementación da Axenda UrbanaEspañola a través dos Fondos Europeos, incluíndo os seus Plans de Acción a tódolos niveis, como eixo fundamental de intercambio e participación cara a un desenvolvemento urbano estratéxico, sostible e integrado.

“O crecemento urbano sostible, a conservación da contorna natural, a mobilidade sostible e a promoción do turismo responsable son algúns dos temas cruciais que nos afectan como municipio costeiro.” explica Suárez-Puerta, quen destacou a importancia de que Ribeira participe neste Foro, xa que “constitúe unha plataforma de participación para todos os actores dos diferentes ámbitos de goberno; co propósito de compartir, propoñer e intercambiar ideas e boas prácticas sobre a urbanización sostible.”